Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/01/2021 | Actualizada ás 15:41
Efectivos da Garda Civil informaron da localización, en aparente bo estado, do ancián desaparecido desde a tarde deste domingo en Vilamartín de Valdeorras.
Antonio García Fernández, de 89 anos, foi localizado sobre as 13,00 horas deste luns a 1,5 quilómetros do pobo onde o viron por última vez. Estaba en aparente bo estado pero desorientado, polo que foi trasladado ao Hospital do Barco para unha revisión.
O home é veciño do Barco pero, desde o día 1, estaba a pasar uns días coa súa irmá e a súa sobriña na parroquia da Portela, en Vilamartín. A súa familia non tiña noticias del desde as 20,00 horas deste domingo, cando falaron por teléfono e lles dixo que estaba desorientado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.