Críticas a El Intermedio por representar a Melania Trump con tópicos galegos: "vivo rodeada de vaquiñas"

O programa de La Sexta foi acusado de "carca" e de "rir" a conta dos galegos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Con Donald Trump apurando os seus últimos días na Casa Branca, o espazo El Intermedio, de La Sexta, decidiu emitir un breve sketch no que simulaba unha conversa entre o seu presentador, o Gran Wyoming, e a aínda agora primeira dama, Melania Trump. O conflito chegou porque o programa da cadea verde decidiu representar á exmodelo valéndose dunha serie de tópicos galegos, como se pode comprobar no vídeo seguinte.

Imaxe do sketch de El Intermedio no que se representa a Melania Trump con tópicos galegos
Imaxe do sketch de El Intermedio no que se representa a Melania Trump con tópicos galegos | Fonte: La Sexta.com

Das "vaquiñas" ao "prado no que chove moito", o emprego destes tópicos non tardou en prender o rexeitamento dun bo número de internautas que cargaron en diversos termos contra a creación do programa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 nostrus

Non vin o programa, pero de todos é sabido que Gran Wyoming como humorista é tan só "presunto" e o seu pseudohumor baséase e pasarse como progre de esquerdas para ser jultimillonario. De todos modos vivimos nun pais que o humor pasa por sonarse na bandeira de España, pitar o himno, cagarse en Deus e cousas así, pero non se pode tocar a fibra do nacionalracismo ou das feminazis. Para criticar o humor dos demais hai que empezar por rirse de nos mesmos.

1 José

Claro, conócese que ti non és galego de nacéncia..