Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 13:58
A comunidade galega rexistra este luns unha xornada marcada polas baixas temperaturas e na que se decretou o aviso amarelo por frío no sur e o oeste da provincia de Ourense e a montaña de Lugo. O valor mínimo produciuse no municipio ourensán de Calvos de Randín, no caso das estacións de medición que se atopan por baixo dos 900 metros de altura.
Segundo os datos de Meteogalicia, os termómetros descenderon ata os 12,3 graos baixo cero, ás 09,20 horas, neste municipio. Tamén destacan as temperaturas rexistradas en Verín e en Baltar, que se situaron nos 8,6 graos baixo cero ás 08,40 e ás 06,30 horas, respectivamente.
Na mesma provincia, Xinzo de Limia chegou aos 7,1 graos baixo cero esta mesma mañá e Viana do Bolo aos 6,4 graos baixo cero. Doutra banda, no caso das estacións con altitude superior aos 900 metros, a mínima rexistrouse esta madrugada na cabeza de Manzaneda, con 8,2 graos baixo cero, seguido da Veiga con 7,7 graos baixo cero. Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, rexistrou un pico de 6,7 graos baixo cero sobre as 09,30 horas deste luns, mentres que Carballeda de Valdeorras e A Mezquita alcanzaron os 6,4 graos baixo cero ao longo da noite (ás 1,50 e ás 5,40 horas, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.