Ciudadanos Galicia pide deixar "loitas partidistas" e un "confinamento intelixente" ante o aumento de casos

Pino tamén ve fundamental escoitar aos expertos e ver o que se está facendo noutros países e avisa de que "se se colapsa atención primaria, dilatarase o plan de vacinación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos Galicia, Beatriz Pino, considera necesario un "confinamento intelixente" ante o incremento de contaxios e avisa de que este mesmo venres se volveron a detectar "outros 1.000" casos nun día, que deixan o número de ingresados nos 600, 90 na UCI.

Así o asegurou despois da proposta anunciada este venres pola presidenta da súa formación, Inés Arrimadas, na que aposta por un acordo político para decretar un "confinamento intelixente" que se acompañe de axudas directas, un aumento do teletraballo e a aceleración do plan de vacinación e probas masivas.

"A situación na nosa comunidade vai a máis e é fundamental remar todos xuntos", sostivo Beatriz Pino, que asegura que Ciudadanos é un partido responsable, que aposta por "evitar loitas partidistas". "Estamos a tempo para evitar o peor dos escenarios, o descontrol absoluto e a paralización da vacinación. Se actuamos xa, estamos a tempo", manifestou.

Pino tamén ve fundamental escoitar aos expertos e ver o que se está facendo noutros países e avisa de que "se se colapsa atención primaria, vaise a dilatar o plan vacinación". "Necesitamos autoestrada sanitaria para que chegue ao maior número de persoas canto antes", indica. Por último, apelou a recudir os contactos sociais e reclamou máis controis fronteirizos. "Todas estas medidas son urxentes activar para enfrontar a terceira onda de COVID-19", apunta.

A portavoz de Cidadáns Galicia, Beatriz Piñeiro. CS GALICIA
A portavoz de Cidadáns Galicia, Beatriz Piñeiro. CS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta