Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2021 | Actualizada ás 18:29
A coordinadora de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, reclama "a supresión" dos tipos de cotización á Seguridade Social neste 2021 e mentres persista a crise da covid-19 "para evitar a sangría de autónomos en Galicia". Así o solicita Pimo a través dun comunicado no que recolle que, de acordo con datos do Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social (RETA), en 2020 se perderon 1.400 empregos por conta propia e houbo un 20 por cento menos de novas altas que en 2019.
De feito, a responsable do partido laranxa en Galicia lembra que en decembro presentou unha pregunta no Parlamento de Galicia, que "se debaterá nas próximas semanas", para que a Xunta "inste o Goberno de España á supresión da subida" nos tipos de cotización á Seguridade Social.
"Esta subida vaise producir nun dos peores momentos e suporá unha carga económica extra. Non podemos seguir asfixiando a este colectivo", asevera Beatriz Pino, quen explica que esta medida se tomou "nun contexto diferente ao actual". E é que agora, engade, os poderes públicos deben adoptar solucións para que a economía "non se resinta" a pesar das restricións implantadas e que os autónomos "poidan seguir desenvolvendo a súa actividade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.