Adega celebra como unha "vitoria" o peche da central das Pontes: "é un enorme éxito na loita"

Partidos políticos e sindicatos cargan contra o peche da central, pero no círculo ecoloxista galego as sensacións son distintas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

O peche da central térmica das Pontes marca o inicio dun camiño incerto que, polo momento, xa está a xerar polémica. Horas despois de coñecerse a noticia de que Endesa non mantería a planta como incineradora de biocombustibles, a maior parte das reaccións eran verquidas en ton negativo; é dicir, contra a noticia do peche. Non pensan igual na plataforma ecoloxistas Adega, que o pasado mércores celebraba o anuncio da fin da central como unha "vitoria".

Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES)
Endesa nas Pontes. CEDIDA (TRABALLADORES) | Fonte: ENDESA, COMITÉ DE EMPRESA, TÉRMICA, TRABALLADOR

"Celebramos a decisión definitiva de Endesa de pechar a central de carbón das Pontes", sinalou nun comunicado a plataforma antes de calificar de "enorme éxito" a noticia. O anuncio do peche significa, por outro lado, que central non pasará a orientarse á co-combustión de carbón e residuos, que o movemento verde galego xa cualificara como o modelo de combustión "máis contaminante do mundo".

En liñas paralelas, a plataforma considera unha boa noticia o anuncio do peche en tanto que As Pontes era, ata hai pouco, o "maior foco galego de emisións de gases de efecto invernadoiro", así como "un dos principais" de Europa. "Antes da brusca caída da súa produción, na primavera de 2019, representaba nada menos que un 25% do total das emisións territoriais galegas [destes gases]", explican.

As Pontes desata así un choque de posicións entre o movemento ecoloxista e os partidarios de manter a central que evidencia un conflito de intereses de longo percorrido na Comunidade galega. Esta complexidade xa agromara en casos como a central térmica de Meirama, que anunciou o seu peche definitivo meses atrás. Nos anos anteriores, a propia veciñanza da área transitaba polo debate dos postos de traballo e o dano ambiental. No caso das Pontes, as previsións de futuro só dan esperanza aos ecoloxistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta