Feijóo: "necesitamos máis piñeiros en Galicia"

"É unha chamada que fai a industria da madeira", asegura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves un novo paquete de axudas para a plantación de coníferas e frondosas en Galicia. E foi especialmente incisivo na necesidade de plantar "máis piñeiros" porque, suliñou, "é o que pide a industria forestal".

Plantación de piñeiros nun piñeiral
Plantación de piñeiros nun piñeiral | Fonte: entalud.com

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo dixo que se destinarán oito millóns de euros para "aumentar a diversidade forestal" de Galicia e reducir, así, "os riscos de incencios". Un diñeiro que estará destinado para a plantación de frondosas como os castiñeiros, os carballos ou os ameneiros, pero, sobre todo, as coníferas, especialmente, os piñeiros.

"Necesitamos máis piñeiros en Galicia e é unha chamada que fai a industria forestal", apuntou. Por iso, quixo deixar claro que non se trata de apoiar ao eucalipto, senón a outras especies. De feito, na orde que se aprobará, dixo, tamén se recolle a posibilidade de subvencionar a corta dos eucaliptos de menos de dez centímetros para plantar piñeiros ou frondosas.

As subvencións serán para as labores de limpeza do terreo, compra e plantación da árbore. De tal forma, con esta orde de forestación dixo que a Xunta segue os obxectivos programáticos e as liñas de actuación previstas no Plan Forestal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 HUANG HO

Eu á verdade non creo que necesitemos máis piñeiros. Eu xa teño tres compañeiros de traballo que se apelidan Piñeiro. Necesitamos máis Breixos, ameixeiras, cerdeiras, bidueiras, salgueiros, ameneiros (ou amieiros), carvalhos, castiñeiros, maciñeiras

1 TQvc

Di a U.E. que os fondos europeos están vencellados á biodiversidade. Son precisas máis tipos de árbores.