A Xunta volve dar mobilidade case total aos cazadores a pesar da situación de semiconfinamento

Poderán desprazarze por todo o territorio para a caza de xabarín, lobo ou calquera animal que provoque "accidentes de tráfico reiterados" en zonas concretas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O DOG vén de publicar a letra pequena da situación de "semiconfinamento" instaurada pola Xunta de Galicia ata, polo menos, mediados de febreiro para tentar aplacar o crecemento exponencial de contaxios e hospitalizados rexistrados nas últimas semanas. O documento vén de chamar a atención poque inclúe novidades significativas con respecto a modelos de restricións anteriores, como, por exemplo, a posibilidade de que matrimonios e parellas informais poidan verse malia non ser conviventes.

Un cazador
Un cazador | Fonte: EP

Non causou sensacións tan positivas o anuncio da Xunta de Galicia de que permitiría aos cazadores da Comunidade o desprazamento pola totalidade do territorio. O anuncio, recollido no artigo 6 do DOG, non discrimina expresamente entre practicantes federados e non federados, pero si limita --a diferenza de anuncios anteriores-- a práctica permitida á caza de xabarín e lobo en supostos concretos.

XABARÍN E LOBO

De acordo co mesmo texto, a Xunta non aplicaría as limitacións de entrada e saída dos municipios a todas aquelas persoas que desenvolvan "accións de caza sobre o xabarín" desenvoltas de acordo cos "plans anuais de aproveitamente cinexético". Máis restritivo é o caso do lobo, que tan só se poderá cazar no caso de "danos á agricultura ou á gandaría".

Este mesmo suposto cúmprese tamén para o xabarín. Por último, as autoridades autonómicas volven permitir a mobilidade dos cazadores que vaian desenvolver batidas destinadas a frear "accidentes graves de tráfico reiterados nun único punto quilométrico". A Xunta anuncia así a práctica liberdade de movementos para os cazadores galegos semanas despois de recibir duras críticas por un movemento semellante na vaga de restricións aprobadas a finais do ano pasado, momento no que tamén foi duramente criticada polo movemento ecoloxista galego a razón dunha suposta "violación da lei" con vistas a favorecer o lobby cinexético.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta