O Goberno galego pide ao Executivo estatal que baixe o IVE da luz ao 10% durante a pandemia

"Non é razoable pechar as térmicas e depender única e exclusivamente do gas como tecnoloxía de respaldo", asegura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Francisco Conde, instou este mércores ao Goberno a adoptar as medidas que sexan necesarias para evitar o encarecemento do recibo de luz e propuxo baixar o tipo impositivo do IVE do 21% ao 10% mentres se manteña o contexto actual marcado pola covid-19.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PP Marta Novoa no pleno da Cámara, Conde indicou que esta medida xa foi aprobada noutros países da Unión Europea, polo que pediu ao Goberno que sexa "sensible" ás circunstancias excepcionais que atravesan moitas familias, pemes e autónomos debido á crise da covid.

Así, lembrou que o pasado día 8 de xaneiro o prezo da electricidade rozou os 115 euros por megawatio en España, unha "cifra récord" que non se alcanzaba desde o ano 2010 e que, xunto ás fortes subidas rexistradas ao longo da primeira quincena do mes, levará a que as familias teñan que pagar un 25% máis no recibo da luz.

"Necesitamos un Goberno que vele por unha suministración eléctrica competitiva", subliñou no pleno da Cámara galega, no que puxo en cuestión a transición enerxética "desordenada" do Executivo estatal, cunha planificación "precipitada" que "marcou como obxectivo pechar as térmicas" sen contar cunha tecnoloxía de substitución os suficientemente madura". "Non é razoable pechar as térmicas e depender única e exclusivamente do gas como tecnoloxía de respaldo", sostivo.

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno da Cámara. XUNTA
O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, no pleno da Cámara. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta