Así é a tecnoloxía da USC que 'engana' o organismo para loitar contra o cancro

Científicos da Universidade traballan nunha investigación para “camuflar” nanodispositivos no organismo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Logo do enfrontamento da UE cos grandes grupos farmacéuticos, semella que a aposta pública pola ciencia comeza a gañar terreo. Cando menos, ese é o caso dunha das investigacións punteiras que está a desenvolver a Universidade de Santiago de Compostela, e que vén de recibir unha axuda millonaria das institucións europeas porque podería axudar a loitar contra distintos tipos de cancro.

Un laboratorio. A FE
Un laboratorio. A FE

O proxecto, que vén de recibir 4,5 millóns de euros no marco do programa Horizonte 2020 da Comisión Europea, pretende estudar as posibilidades de “camuflar” nanodispostivos artificias para poñelos en funcionamento dentro dos circuítos do organismo. Ou, noutras palabras, que estas construcións “superparamagnéticas” sexan empregadas como vesículas extracelulares polo corpo.

Para ‘enganar’ o noso organismo e que non rexeite estres dispositivos artificiais, o obxectivo do equipo coordinado polo profesor emérito José Rivas pasaría por desenvolver unha tecnoloxía que permita “vestir” con tecido orgánico estes nanocompostos. A dificultade estaría, evidentemente, no diminuto tamaño dos elementos, así como na “gran complexidade biolóxica” que sería necesario para se “biomimetizar” co noso corpo.

Se a operación sae adiante --e o sistema inmune dos noso corpos non os rexeita--, estes nanocompostos poderían servir para “dirixirse a dianas de interese como órganos ou tumores” e actuar sobre eles. Estas vesículas, polo papel que xogarían no marco do corpo, serían útiles á hora de prever a propagación de diversas enfermidades, incluíndo diversas infeccións e mesmo o cancro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta