Hostaleiros galegos ven "positivo" o fallo de País Vasco, pero advirten que abrir "non solucionaría nada"

Lembran que en Galicia se solicitou de forma cautelar a suspensión de peche, pero foi rexeitado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Os hostaleiros galegos recibiron este martes de forma "positiva" a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de País Vasco de ordenar, como medida cautelar, a reapertura dos bares e restaurantes, aínda que advertiron de que trasladar isto a Galicia non resolvería os problemas de débeda acumulados nestes meses de restricións: "Abrir mañá tampouco nos solucionaría nada".

Así o explicaron responsables de asociacións de hostalaría a Europa Press tras coñecer a resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que permite reabrir aos bares e restaurantes de Euskadi que se atopan en 'zona vermella' pola alta incidencia da covid-19, unha medida cautelar que fora solicitada por este sector mentres non se resolve o seu recurso contra o peche. O Goberno vasco xa avanzou que estuda recorrer o auto.

Desde Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Elena Vitoria afirma que se trata dunha decisión "positiva", pero que insta a tomar con "prudencia", dado que "está baseada nunha lexislación que non é a mesma" que a galega e contra ela "cabe aínda recurso". Tras case un ano de sucesivos peches e restricións, apuntou, o problema dos hostaleiros é "a débeda acumulada" e a "situación límite" de moitos negocios, polo que, advirte, "se mañá terminase a pandemia, as empresas seguiriamos sufrindo moito igualmente".

Traballadores do sector hostaleiro maniféstanse fronte á Xunta de Galicia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Traballadores do sector hostaleiro maniféstanse fronte á Xunta de Galicia.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

ESTA OPCIÓN FOI DENEGADA EN GALICIA

Na mesma liña, Lois Lopes, de Hostalaría Compostela, destacou que a sentenza recolle os argumentos que o sector mantén "desde o primeiro día", en referencia a "falta dun informe serio" que o apuntamento como causantes de contaxios.  En todo caso, e aínda que o auto "reforza a liña discursiva" das súas esixencias, Lois Lopes lembra que a posibilidade de abrir a curto prazo non fai menos necesario un "plan de rescate completo" que alivie a "situación crítica do sector". "Abrir mañá tampouco nos solucionaría nada", subliña.

Tamén desde Lugo, o representante dos seus hostaleiros, Cheché Real, instou a tomar con prudencia a resolución, os termos xurídicos nos que se formulou e o seu alcance, aínda que indicou que, se finalmente se confirma  que os peches non están xustificados, isto podería dar lugar a "unha avalancha de indemnizacións tremenda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta