Por Juan Carlos Piñeiro | Cervo | 13/02/2021
Unha campaña en situación inflamada, que demostra o seu peso político no feito de ter un debate emitido para todo o Estado, por unha cale privada, quen verá iso en Galicia? Máis para min tamén foi unha campaña decepciónante no campo programático e das boas prácticas políticas. Podo falar con coñecemento e causa, porque participei nun acto político desta campaña para falar sobre Europa, por certo un acto moi interesante e con boas conclusións.
Como demócrata non me gusta, e non acepto, o veto auto imposto polas forzas de obediencia independentista para coartar unha posible forma de goberno o día 15. Non, a democracia non debe funcionar deste xeito, onde quedan as propostas e programas? Concordo en que o dereito a decidir de Cataluña é o seu lexitimo nexo de unión, mais hoxe por hoxe tamén é de xeito, dar resposta aos problemas da sociedade e buscar solución á crise que afecta a todos. No actual contexto a independencia pode esperar.
Tampouco é mellor a posición do PSC sobre a súa máis que probable relación con Vox para un hipotético pacto de gobernabilidade, vai Illa aceptar a investidura, se gana, co apoio dos da ultra dereita? Ou vai optar pola acción máis europea do cordón sanitario? que xa funciona por certo en Euskadi.
Imos ver, pola contra, unha normalización da política e a caída de fenómenos conxunturais como pasou en Galicia e tamén en EEUU? É difícil de valorar isto en Cataluña xa que ten unha situación moi inflamada que precisaba máis tempo, para asentar proxectos como o PNC dun nacionalismo pragmático, que poda mover posicións a un e a outro lado do veto. Veto, mal chamado de constitucionalistas e independentistas por varias razóns, a primeira é que os que queremos modificar a constitución tamén somos constitucionalistas aínda que non dogmáticos e os independentistas están na súa acción política lexitimados na propia constitución.
Veremos o domingo 14 se a inhabilitación de Torra non trae unha chea de convocatorias seguidas na pobre situación sanitaria que nos prexudica a todos.