Os casos de COVID nas aulas galegas seguen por encima dos 2.500 e hai 107 aulas pechadas

Dúas gardarías permanecen pechadas, as dúas na provincia de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2021 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A incidencia da covid-19 nos centros educativos galegos mantén este sábado a súa tendencia á baixa sostida nos últimos días. No último balance ofrecido polas autoridades autonómicas cífranse en 2.531 os casos activos na comunidade educativa, 174 menos que hai 24 horas.

Tamén se reducen as aulas en corentena, que son agora 107 polas 113 do día anterior. E é que todas as áreas baixan en casos activos, aínda que se manteñen dúas gardarías pechadas na súa totalidade.

Ambas sitúanse na provincia de Lugo. Trátase da escola infantil de Viveiro e do Punto de Atención á Infancia (PAI) municipal de Guitiriz. O peche desta última é unha das novidades da xornada, xunto coa reapertura da gardaría Modia de Cambados, en Pontevedra.

Unha xornada máis, os centros da área da Coruña son os que acumulan o maior número de casos activos, aínda que baixan a 728 (-31). Ademais, mantéñense nove aulas pechadas, catro menos que hai 24 horas.

Os centros da área sanitaria da Coruña son os que suman o maior número de positivos con 759, uns 20 menos que onte, ademais de 13 aulas pechadas. Do mesmo xeito, polo menos 15 deles rexistran ou superan a decena de casos nas súas instalacións. Entre eles están os centros privados da Coruña Salesianos San Juan Bosco, con 25, ou o Liceo A Paz e o Fogar de Santa Margarida, ambos con 24.

VIGO, A SEGUNDA

A seguinte zona de influencia con máis positivos é a de Vigo, que contabiliza este sábado 415 (-55). Ademais, mantén polo menos 35 (+1) unidades pechadas. Os puntos de maior incidencia é a Compañía de María da cidade olívica, con 15 casos.

Na área de Pontevedra, que suma 401 (-28), mantéñense polo menos 24 aulas en corentena. Ademais, nesta zona está o centro máis afectado de Galicia, o centro privado Soutomaior da localidade homónima, que notifica este sábado 30 positivos.

RESTO DE ÁREAS

Os centros da área de Santiago baixan ata os 323 (-14) e as 11 aulas pechadas (-2), mentres que en Ourense hai 237 (-14) e nove unidades en corentena.

A área de Lugo suma, pola súa banda, 243 casos no ámbito educativo, e é a única que aumenta respecto ao día anterior, aínda que a subida é de só dúas. Ademais, conta 15 aulas e dúas escolas infantís pechada.

Así mesmo, na provincia lucense está o segundo centro de Galicia con maior número de casos activos, o CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, cun total de 28 positivos.

Finalmente, a área de Ferrol rexistra 184 (-16) e 2 aulas pechadas co Santiago Apóstolo de Narón (14) como o centro con maior número de casos.

Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta