O independentismo volve gañar en Cataluña

As eleccións en Cataluña deixan un claro vencedor, o independentismo. ERC, Junts e a CUP suman, a falta de pechar o escrutinio, 74 escanos, catro máis que nos últimos comicios. O PSC emerxe como o principal partido do Parlament tras o esfarelamento de Ciudadanos.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 14/02/2021 | Actualizada ás 22:32

Comparte esta noticia

O PSC logra 33 escanos nas eleccións ao Parlament de Cataluña co 90% escrutado e empata con ERC, aínda que os socialistas gañan en porcentaxe de votos, dous puntos máis que Esquerra. Con todo, o bloque independentista suma 74 escanos, unha folgada maioría absoluta, cos 33 representantes do partido de Pere Aragonès, 32 de Junts e os 9 da CUP. Iso supón catro deputados máis que nos comicios de 2017.

Confírmase a desfeita de Cs, que queda con 6 escanos, 30 menos que hai tres anos e medio, cando foi o partido que máis votos obtivo. A maior parte deses votos foron para o PSC, pero tamén para a ultradereita de Vox que irrompe con 11 escanos, tres máis que En Comú Podem que se mantén cos mesmos. O PP tamén perde un con respecto aos anteriores comicios e queda con 3.

"O INDEPENDENTISMO VOLVERÁ VENCER"

O xefe de campaña de ERC, Sergi Sabrià, asegurou que, aínda que as eleccións estivesen "feitas a medida para tombar o independentismo", "o independentismo volverá vencer". Doutra banda, destacou a xestión do Govern para organizar os comicios como un "éxito rotundo", xa que segundo o deputado o Executivo catalán logrou "a absoluta normalidade a pesar da excepcionalidade". A pesar de que non quixo opinar sobre os posibles resultados do seu partido, fixo unha valoración máis global: "Hoxe témonos que fixar en cantos escanos están a favor da amnistía e a autodeterminación, se o independentismo supera o 50%, e se o independentismo tense que liderar desde a dereita ou desde a esquerda", concluíu.

Unha gran senyera de Cataluña na manifestación contra o encarceramento de 'presos políticos'
Unha gran senyera de Cataluña na manifestación contra o encarceramento de 'presos políticos' | Fonte: Martín Vaz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

3 Sentidiño

O PP de Josep Piqué obtivo estes mesmos 20 escanos en 2003.

2 Sentidiño

Os da foto de Colón eran 40 e agora son 20.

1 Sentidiño

O españolismo acada 53 escanos sobre 135: o efecto Illa.