Formación profesional para persoas que traballan en contacto directo con vítimas de violencia de xénero

Diríxese, neste sentido, a profesionais sanitarios, educativos, equipos psicosociais ou de recursos humanos dalgunhas empresas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora da Egap, Sonia Rodríguez-Campos, asinaron este martes un acordo que permitirá reforzar a formación dos profesionais que traballan en contacto coas mulleres vítimas de violencia de xénero, para atender mellor as súas necesidades socio-laborais, psicosociais e de carácter educativo ou sanitario.

O acordo ten por obxecto reforzar a formación para mellorar a atención ás vítimas de violencia de xénero por parte das entidades sociais que traballan man a man con elas. Diríxese, neste sentido, a profesionais sanitarios, educativos, equipos psicosociais ou de recursos humanos dalgunhas empresas.

De forma particular, incídese nunha mellora na cualificación, para así poder comprender mellor as necesidades específicas das mulleres que soliciten axuda, así como os puntos clave polos que pasa a súa recuperación integral, tanto psicolóxica como socio-laboral.

A Xunta considera "fundamental" que os actores sociais responsables de atender ás vítimas nas súas diferentes funcións e facetas, conten cunha "formación adecuada, pegada á realidade e en constante actualización para levar a cabo con éxito o seu servizo". Neste sentido, a EGAP organizará e xestionará as actividades de formación na materia, reforzando as horas e os módulos relativos á prevención e atención á violencia de xénero.

Teléfono de asistencia 016 para atender situacións de violencia de xénero
Teléfono de asistencia 016 para atender situacións de violencia de xénero

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta