Temas: DVICIO

O enoturismo en Galicia a debate en Chantada

A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre Enoturismo e Desenvolvemento Sostible que, baixo o Epígrafe de "Xornadas Técnicas de Viticultura", é parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Monterrei, A Rúa de Valdeorras e a Pobra do Caramiñal.

Por GC Tendencias | Chantada | 07/08/2013 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Estas Xornadas abordarán as produccións como un todo global e holístico, contrapunto, segundo a organización,  da excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen.

Cata de viños
Cata de viños

O desenvolvemento sostible xurde como concepto teórico nos anos 90, palabras que soaban ben na percepción intranquila dunha crise ecolóxica que sumou logo unha crise económica e tamén social, se callar a mesma crise con diferentes nomes. As Denominacións de Orixe puxeron as produccións autóctonas en destaque, mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detras dun establecemento de turismo rural?

Na organización deste evento colaboran a Federación Rural Galega (FRUGA), Rede Galega de Empresas e Adega Esther Teijeiro. A xornada ten axuda económica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, FEADER (Europa inviste no Rural) e a Consellería do Medio Rural e do Mar Xunta de Galicia.

Este é o programa completo:

Sábado día 10 de agosto

Lugar: Adegas Esther Teixeiro

Pincelo - A Sariña - Chantada - Lugo

3 mesas de análise e debate:

10:30 Historia do enoturismo: exemplos de alá e acá

Xosé Manuel González Vilas (Asociación Galega de Viticultura)

11:30 A épica das adegas da Ribeira Sacra

Suso Verao: Viticultor da Subzona de Amandi

Rubén Moure: Enólogo na Subzona de Ribeiras do Miño 

Roberto Regal: Enólogo e elaborador na Subzona de Chantada

12:30 O valor da terra: ecoloxía, turismo, paisaxe e patrimonio

Fernando Álvarez: Elaborador e Gandeiro da explotación da Ladeira da Mata na SuBzona de Quiroga-Bibei

Esther Teijeiro: Viticultora e elaboradora de viños ecolóxicos na Subzona de Chantada

Francisco Xabier Almuiña da Casa do Romualdo en Taboada na Subzona de Chantada

Un-unha  membro d'O Sorriso de Daniel na Subzona de Ribeiras do Sil (Asociación galega para a divulgación e recuperación do noso patrimonio románico)

13:30 Coloquio

14:00 Seguindo cunha copa de viño na man

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta