Por GC Tendencias | Lugo | 09/08/2013 | Actualizada ás 00:30
O Lobishome, o sacauntos, a maruxaina, as mouras, as meigas, a Santa Compaña... e máis seres do imaxinario popular galego daranse cita na cidade das Murallas o vindeiro 29 de agosto.
Esta actividade forma parte do programa Móvete en Lugo, Xuntámonos no verán que coordina a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.
Con esta xincana preténdese dar a coñecer algunhas das lendas tradicionais galegas e fomentar o coñecemento de seres mitolóxicos galegos. Así, ao longo da tarde do día 29, haberá repartidos pola cidade diferentes personaxes que guiarán pequenas probas nas que os participantes poderán obter amuletos para gañar.
Grupos diferentes
Os grupos serán como mínimo de tres persoas en idades comprendidas entre 18 a 35 anos que contarán cun mapa da cidade onde aparecerán as personaxes e a orde na que os ten que ir atopando. Ás 16:00 dará comezo no centro social Uxio Novoneyra a presentación no salón de actos na que se repartirán os grupos: grupos de tres previamente inscritos os que se lles dará un tarxeta co seu nome de grupo mapa e orden de probas.
Entre as personaxes que se poderán atopar e que guiarán as diferentes probas están o lobishome, o home do saco e sacauntos, a maruxaina, as mouras, as meigas, demouchiños, santa compaña, chupasangues ou a Breogán.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.