Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 19:56
O vindeiro mércores 24 de febreiro de 2021 será un día de Rosalía adaptado á pandemia de coronavirus, que obrigará a celebrar a porta pechada o tradicional 'Caldo de gloria' co que cada ano conmemora a Casa de Rosalía o aniversario do nacemento da escritora galega máis universal.
Este ano, o caldo correrá a cargo da cociñeira Lucía Freitas, do restaurante 'A Tafona', que conta cunha Estrela Michelín. A chef fará a súa interpretación do caldo humilde que retratou Rosalía no poema 'Miña casiña, meu lareira' desde o seu propio restaurante debido ao contexto actual marcado pola crise sanitaria.
"Este ano a pandemia reclúenos e dispérsanos. Pero aínda que que non podamos xuntarnos e pisar os espazos públicos como entón, si podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza dea Alborada. A noite de medos e de tristeza ten que acabar e dar paso a esa 'alborada de groria', ese novo tempo que nos faga encarar o futuro con ilusión e confianza", sinalou o presdiente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
Por iso, co ánimo de que actúe como "símbolo dunha nova esperanza para o país", a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Fundación Rosalía chaman aos músicos de toda Galicia a interpretar desde os seus fogares a 'Alborada de Rosalía'.
A pandemia obrigou a suspender varios actos pensados pola Fundación Rosalía con motivo do 24 de febreiro, como a presentación do libro 'Rosalía e a cociña' do poeta e gastrónomo Xavier R. Baixeras ou o disco 'Rosalía Cantada' de Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro.
Con todo, a fundación mantén os actos centrais do Día de Rosalía, aínda que restrinxidos ao público. Así, terá lugar o acto na Praza de Vigo --lugar de nacemento da escritora-- e a ofrenda floral na estatua de Rosalía en Padrón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.