Cárcere e liberdade de expresión

Velaí o grande balbordo xerado polo prendemento de Pablo Hásél para que cumprise unha pena de nove meses de cárcere imposta pola chamada “Audiencia Nacional” (Tribunal de excepción que vulnera o principio constitucional do xuiz natural da Convención europea de dereitos humanos-CEDH) polos delictos de inxurias ao anterior Xefe de Estado e aos funcionarios policiais e de loubanzas ao terrorismo .

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 21/02/2021

Comparte esta noticia

Un Hasél a quen lle fora suspendida outra pena de dous anos de cárcere polo  delicto de loubanzas ao terrorismo no 2014,  pola súa falla de antecedentes. ll

O rapeiro Pablo Hásel
O rapeiro Pablo Hásel | Fonte: Youtube

Vaia por diante que o Hasél foi tamén condenado polos Tribunais de Lleida (os seus xuices naturais, por certo e a medio de sentenzas até de agora recorridas e, xa que logo, non definitivas) a penas de cárcere por ameazar e agredir a unha testemuña e por agresión a un xornalista de TV3. Son estes delictos que non teñen nada a ver coa liberdade de expresión e polos que o Hásel habería apandar coas consecuencias dos seus actos en calquera Estado democrático europeo  no suposto que estas condenas ou algunha delas fose confirmada.

Mais non importa o trovador (bastante cativo e ruín, por certo, neste caso), senón a trovada. Porque o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH), que interpreta e aplica a CEDH e que constitucionalmente é o máximo Tribunal español no eido dos dereitos humanos, ten dito moitísimas veces que queimar bandeiras, criticar acedamente, mesmo con verbas inxuriantes, aos funcionarios públicos ou ao Xefe do Estado ou loubar accións violentas-terroristas ou doutra caste-non constitúen delicto ningún e, xa que logo, calquera Tribunal europeo ha absolver ás persoas acusadas desta caste de condutas.

ue condutas de expresión han ser castigadas, segundo o TEDH ? Pois nin máis nin menos ca as que constitúen unha provocación, conspiración ou proposición para a agresión ou delicto violento ou as ameazas  e coaccións . E que son ameazas? O anuncio incondicional  de fururas agresións violentas. E que son coaccións? O anuncio condicionado de futuas accións violentas se o coaccionado non se comporta como se lle require.

É dicir, o que di a xustiza europea (como tamén o Tribunal Supremo dos USA) é que só cómpre sancionar penalmente as expresións que ameacen, coaccionen ou chamen de xeito  actual ou potencialmente eficiente  á agresión directa ou indirecta. Por certo, os mesmos principios que rexían o tipo penal de apoloxía do terrorismo até o 2000, cando Aznar e Zapatero decidiron amplialo a calquera expresión que loubase as accións terroristas.

Queimar a bandeira dos USA non é delicto. Chamar delincuente por mor de accións desenvolvidas por mor do seu cargo a Biden, ao rei Wilhem ou a raíña Elisabeth non é delicto. 

A liberdade de expresión habería ser o máis potente alicerce da nosa convivencia.
         

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.