A Xunta aposta por fomentar unha "minaría sustentable" e subvenciona con 1,3 millóns ao sector ornamental

A axudas van destinadas á mellora das condicións ambientais e laborais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2021 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A Xunta destina 1,3 millóns en 2021 á mellora das condicións ambientais e laborais no ámbito da minaría e o da elaboración de roca ornamental. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou o centro tecnolóxico da lousa, en Carballeda de Valdeorras, onde se reuniu con representantes do cluster e empresarios do sector para avaliar a situación actual e obxectivos que permitan o seu impulso e mellora.

Segundo destaca a Xunta nunha nota de prensa, aproveitou para trasladarlles "o compromiso co fomento dunha minaría sustentable" e informarlles das convocatorias que se abrirán en marzo para a dita mellora.

A primeira estará dirixida a empresas que, dentro do territorio da comunidade, realicen actividades reguladas pola lexislación mineira e conta cun orzamento de 1,02 millóns. Será de concorrencia non competitiva, para favorecer á aplicación de tecnoloxías innovadoras e implantar as melloras técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais.

Por unha banda, serán axudas a investimentos para mellorar a calidade do ambiente atmosférico, en especial mediante a redución de emisións de po e ruído. Por outro, apoiaranse actuacións para a redución da exposición ao po e o ruído dos traballadores.

Tamén convocará a administración autonómica apoios ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental para incentivar a loita contra as enfermidades laborais. Cunha partida de 300.000 euros, tamén irán en réxime de concorrencia non competitiva.

Visita en Carballeda de Valdeorras. XUNTA
Visita en Carballeda de Valdeorras. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta