Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/02/2021 | Actualizada ás 16:59
Un grupo de candorcas de gran tamaño foi avistado na costa de Fisterra, na provincia da Coruña, onde Salvamento Marítimo chamou a que as embarcacións que naveguen pola zona o fagan con precaución.
O centro de Salvamento Marítimo recibiu o reporte do avistamento dos cetáceos, que se achegan "perigosamente" ás embarcacións que se atopan pola zona da enseada de Fisterra.
O aviso, segundo publicou Salvamento, foi difundido para que se extremen as precaucións na área do avistamento.
O achegamento de candorcas á costa galega foi en aumento nos últimos tempos. O pasado verán rexistráronse varios episodios deste tipo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.