Temas: DVICIO

Un xeito diferente de coñecer a Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Riberia Sacra ofrece visitas guiadas en autobús e coches particulares para coñecer o patrimonio vitivinícola e artístico desta peculiar comarca.

Por GC Tendencias | Ourense | 23/08/2013 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra lanzou este verán varios innovadores programas para achegar visitantes a esta comarca mediante fórmulas diferentes do xa coñecido catamarán dos cañóns do Sil. Cómpre lembrar que a Ribeira Sacra é famosa en todo o mundo pola calidade dos viños criados nas beiras do Miño e do Sil mediante a "viticultura heroica", a riqueza das súas igrexas e edificios románicos e a espectacularidade das paisaxes labradas polos ríos.

Mirador na Ribeira Sacra
Mirador na Ribeira Sacra

Así, o programa "viñobús" está pensado para os viaxeiros que cheguen en tren a capital de Ourense. Alí a organización recólleos para un percorrido guiado por tres industrias do viño (Cabo do Mundo, Amandi e Centro do Viño RS), pola casa reitoral de Gundivós e o espectacular mirador de Cividade. Todo por un prezo de só 10 euros.

Tamén existe un conxunto de rutas guiadas en automóbiles particulares, organizadas baixo o título de "Románico". Por só 6 euros os visitantes poden desfrutar das marabillas do arte dos concellos de Taboada, Chantada, Carballedo, Sabiñao, Sober e Pantón. Existen catro rutas diferentes que se organizan case todos os días e que inclúen entre os seus atractivos visitas a, entre outros puntos de interese, Santo Estevo de Ribas do Miño, ao mosteiro das Bernardas ou ao Souto de Lobios.

Velaquí un anuncio do que nos ofrece esta comarca, unha das grandes descoñecidas do país:

Viñobus do Consorcio da Ribeira Sacra
Viñobus do Consorcio da Ribeira Sacra
Mosteiro de Santo Estevo
Mosteiro de Santo Estevo
Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta