Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/03/2021 | Actualizada ás 11:30
O índice xeral de produción industrial retrocedeu un 6,6% en xaneiro en Galicia en relación co mesmo mes de 2020, tres décimas menos que a caída rexistrada pola media (-6,9%), segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).
No conxunto estatal, coa caída interanual de xaneiro, a produción industrial regresa a taxas negativas despois de que en decembro subise un 2,2% e rexistrase a súa primeira taxa positiva tras once meses de descensos.
Todos os sectores rexistraron en xaneiro caídas anuais da produción, salvo a enerxía, que a aumentou un 1,6%. O maior descenso anotáronllo os bens de consumo non duradeiro, cunha diminución interanual do 12,2%, seguido dos bens de equipo (-11,2%); os bens de consumo duradeiro (-8,8%) e os bens intermedios (-5,5%).
As actividades que máis recortaron a súa produción en xaneiro foron a confección de pezas de vestir, cun retroceso interanual do 35,5%, e a industria do coiro e do calzado (-33,1%). Só dúas actividades elevaron a súa produción interanual en xaneiro: a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (+5,3%) e a fabricación doutros produtos minerais non metálicos (+1,8%).
Corrixida de efectos estacionales e de calendario, a produción industrial rexistrou en xaneiro unha caída interanual do 2,2%, ampliando en sete décimas o retroceso de decembro (-1,5%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.