Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:27
Os traballadores da quenda de mañá na central térmica e do ciclo combinado que Endesa ten na localidade coruñesa das Pontes de García Rodríguez non se incorporaron este martes aos seus postos ante o bloqueo existente por parte dos transportistas, ao que tamén se sumaron algúns operarios de auxiliares e da empresa principal.
Deste xeito, na térmica, a produción eléctrica está paralizada; mentres que, na de ciclo combinado, si está a xerar cos traballadores da quenda de noite, que prolongaron a súa xornada. En concreto, os transportistas despregaron na zona de acceso unhas pequenas barricadas e ata o lugar acudiron os axentes da Garda Civil, sen que ata o momento producíronse incidentes.
En declaracións a Europa Press, o presidente da Asociación de Transportistas do Carbón das Pontes, (ATCAP), 'Cholo' Bouza, asegurou que "a cousa esta cada vez un pouco peor" e que a empresa se nega a "falar". "Esta mañá quixeron entrar no ciclo combinado coa Garda Civil, dixémoslles que o poderán facer a partir das dúas da tarde, porque así o acordamos", asegurou.
"ENDESA NON FALA"
"Endesa non fala, non di nada e o que non poden é tentar entrar ao bravo e isto está cada vez máis enquistando, non por parte dos camioneiros, senón que por parte de todos", sostivo. O representante do colectivo de transportistas tamén incidiu que eles informaron de que tiñan "data de chegada, pero non de saída", en alusión ao bloqueo que os camións están a realizar ante os dous accesos á central térmica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.