Por Galicia Confidencial | Xibraltar | 09/03/2021 | Actualizada ás 20:04
"Moi malas novas chegan dende o sur. Candorca morta no Estrecho de Gibraltar, un dos individuos que entraron hai unhas semanas, entre as que están as GLADIS.
Moi lamentable que non se puidera recoller o exemplar para poder examinar, a pesar de todos os esforzos d@s compañeir@s do sur do GT-ORCAS ATLÁNTICAS". Deste xeito comunicaba na tarde deste martes a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) a morte dunha das candorcas que interactuou nos últimos meses en augas galegas.
Desde o pasado mes de xullo, a CEMMA detectara máis de 40 interaccións por parte das candorcas con embarcacións, a maior parte delas en Galicia, pero tamén no Estreito e na costa portuguesa.
As candorcaas que se ven en augas da Península Ibérica son normalmente observadas na época primaveral e estival alimentándose de atún na súa entrada ao Mediterráneo, o Estreito de Xibraltar. En máis do 60% das ocasións avistáronse dun a tres exemplares novos que aos que os biólogos mariños bautizaron como as Gladis "parar referirse á negra, á branca e á gris.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.