Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/03/2021 | Actualizada ás 17:53
O Parlamento de Galicia e a Xunta editaron un libro que repasa a "inmensidade" da figura do escritor celanovés Celso Emilio Ferreiro no 40 aniversario do seu falecemento.
'Chorimas para Celso Emilio. Unha memoria: 1979-2019', obra de Ramón Nicolás, profunda no legado de Celso Emilio Ferreiro centrándose nas catro décadas transcorridas desde a súa morte no ano 1979.
O libro, cuxa publicación se viu atrasada pola crise sanitaria, foi presentado este venres no Pazo do Hórreo con presenza do presidente do Lexislativo, Miguel Ángel Santalices, o presidente da RAG, Víctor Freixanes; ademais do autor e Luís Ferreiro Loredo, fillo do escritor.
Nun Salón dos Reis decorado con 'chorimas', a flor do toxo, favorita de Celso Emilio e que dá nome ao libro; o xefe da Cámara galega puxo o acento no peso dunha obra "tan atípica como necesaria e interesante" para profundar no coñecemento sobre o de Celanova.
"A inmensidade da figura de Celso Emilio Ferreiro fai eco sen cesar desde 1979", sinalou Santalices, que erixiu o escritor como "unha das grandes figuras das letras galegas de todos os tempos" e "un alicerce indiscutible da conciencia cívica da Galicia contemporánea".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.