Feijóo: "Seguiremos coa vacina de AstraZeneca, espero que máis cedo que tarde"

Das 384.845 vacinas que chegaron a Galicia, 96.900 son de Astrazeneca. A Xunta de Galicia suspende cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca por "prudencia", pero di que "non hai preocupación".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2021 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia suspendeu cautelarmente a administración da vacina de AstraZeneca, tal e como recomendou o Ministerio de Sanidade que ven de anunciar a sua suspensión. Neste sentido, o presidente da Xunta destacou que se fai por un "principio de prudencia, pero que non hai preocupación" polos vacinados en Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. Xunta de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.. Xunta de Galicia

A Conselleria de Sanidade lembra que o sistema de trazabilidade permite identificar a vacina administrado coa persoa vacinada. "Ata o momento, non se producíu en Galicia ningún caso de reacción adversa grave", apunta.

En declaracións remitidas aos medios, Feijóo destaca que a decisión adoptada polo Goberno español ten que ver coa decisión dos socios europeos e proseguiremos con esa vacina. "Seguiremos suministrando esta vacina e espero que sexa máis cedo que tarde, pero por prudencia foi aconsellada a súa paralización polos socios europoeos", dixo.

A decisión inicial é de suspendela durante 15 días. Agora a Xunta só poderá suministras as doses de Pfizer e "as poucas" de moderna. "É unha mágoa porque iamos a vacinar os menores de 50 e agora teremos só que centrarnos nos maiores de 80", dixo ao referirse á vacinación masiva desta fin de semana con 15.000 persoas ás que se lle suministraron doses de AstraZeneca.

CASE 100.000 DOSE DE ASTRAZENECA RECIBIDAS

Galicia inxectou 338.334 das 384.845 vacinas recibidas contra o coronavirus, o que supón o 87,9% do total, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Sanidade.

Das 384.845 que chegaron a Galicia, 96.900 son de Astrazeneca. Mentres, 268.045 son de Pfizer e 19.900 de Moderna, segundo estes datos feitos públicos polo Ministerio de Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta