"Xa me cansei de aguantarvos, a rañala", a última mensaxe dun morto

Foi o que deixou escrito Francisco Baltar Lorenzo, coñecido como Paco Cana, a familiares e amigos na súa necrolóxica.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/03/2021 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Francisco Baltar Lorenzo, coñecido como Paco Canas, faleceu o luns en Ourense aos 74 anos e na súa despedida quixo contar, vía necrolóxica, que viviu ao grande pero chegou o momento de non soportar a ninguén máis e de mandar a todos "a rañala".

Sae no seu xornal, La Región, na edición deste martes, e a curiosa mensaxe vai dirixida aos seus familiares e amigos: "Paseino moi ben convosco, pero xa me cansei de aguantarvos, así que a rañala por aí".

Morrer, polo menos para algúns, non necesariamente ha de ser só sinónimo de dó, e proba diso é que cada vez son máis os epitafios cargados de enxeño cos que os defuntos a modo de últimas vontades, en ocasións, ou os familiares, outras veces, deixan uns adeuses pouco ao uso. No caso de Francisco Baltar, por se non queda claro o ocorrido, tras as frases de rigor comúns especifica que marcha: "Voume, Canas".

Esta necrolóxica vai na liña doutra publicada o pasado mes de febreiro en Faro de Vigo que incluía a seguinte máxima: "Si nunca te mandó a tomar por el culo, no te quería". O falecido era Miguel Ángel Rodríguez Torres, a quen a súa familia describiu como "pescador incansable, toda a vida pelexou, ben contra o cancro, ben polos seus dereitos ou os doutros".

Na súa necrolóxica, fíxose constar o seguinte: "familia e amigos nunca poderemos agradecerlle todo o que nos ensinou". A mensaxe concluía dicindo que o mundo o vai a botar en falta, pero especialmente a túa familia, muller e "o paquete do teu fillo. Nunca te Esqueceremos".

Cemiterio da Soledad de Huelva.. CONCELLO DE HUELVA - Arquivo
Cemiterio da Soledad de Huelva.. CONCELLO DE HUELVA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta