Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 18/03/2021 | Actualizada ás 18:31
A Federación Alcer Coruña, que representa o colectivo de enfermos renais, denunciou a "desprotección e abandono" no traslado das persoas que acoden a hemodiálise no actual contexto de pandemia.
Inciden en que tanto a nivel galego como local reclamaron "en repetidas ocasións" garantías ante a "situación de desprotección fronte á Covid-19" por parte destes pacientes.
"A resposta recibida desde o Sergas foi a de que se respectan as medidas de actuación da Sociedade Española de Nefroloxía", entre as que están, lembran, a recomendación de viaxar en vehículo particular sempre que sexa necesario ou a limitación de catro persoas máis condutor ou condutora por ambulancia.
Sobre as incidencias detectadas, asegura que "as respostas desde o Sergas sempre foron que lle comunican os incidentes ás Áreas Sanitarias afectadas de Ferrol, A Coruña Santiago e Vigo". Con todo, Alcer sostén que esta comunicación "non foi efectiva" e que se se supera o número máximo de persoas por ambulancia.
Por iso, reclaman que a responsabilidade da protección no transporte sanitario non urxente "sexa asumida de forma real polas áreas sanitarias afectadas como xestoras" e que se prime "a protección dun colectivo altamente vulnerable".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.