Galicia reláxase e aumentan os contaxios, aínda que os hospitalizados e casos activos seguen á baixa

O número de casos activos está a nivel de finais de agosto, pero a alza de novos contaxios é a maior nunha semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Galicia experimentou un novo alivio da presión hospitalaria ao reducirse a 252 os pacientes covid ingresados, o que implica 19 menos que a xornada anterior, e tamén caen os casos activos ata os 2.575 --situándose a nivel de finais de agosto--. Con todo, no arranque desta ponte de San Xosé, os novos contaxios computados nas últimas horas a través de distintas probas soben a 188, a cifra máis alta nunha semana e, deles, 172 foron detectados por PCR.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, 55 pacientes covid permanecen en UCI --dúas menos-- e 197 noutras unidades de hospitalización --17 menos--.

No ámbito da presión hospitalaria, na área de Ourense, seguen dous ingresados en UCI e soben a 20 os que se atopan noutras unidades de hospitalización --tres máis--; mentres que na de Santiago e Barbanza baixan a cinco o críticos --un menos-- e a 19 os doutras unidades --dúas menos--.

Tamén na de Ferrol redúcense a seis os pacientes covid en críticos --un menos-- e descenden a 14 os que están noutras unidades de hospitalización; mentres que na de Lugo baixan a catro os ingresados en UCI --un menos-- e mantéñense en 15 os doutras unidades.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés baixan a 6 os pacientes covid en UCI --un menos-- e mantéñense en 11 os que se atopan noutras unidades; mentres que na de Vigo soben a 12 os críticos --dous máis-- e baixan a 43 os doutras unidades --catro menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS, PERO REPUNTE DE CONTAXIOS

Os casos activos de covid-19 volveron a descender en Galicia lixeiramente ata os 2.575, o que supón 11 menos que a xornada anterior. En xeral redúcense en catro das sete áreas sanitarias: as excepcións son Lugo (onde pasan de 205 a 2010), Ourense (soben de 155 a 162) e, unha xornada máis, vigo, onde aumentan en tres, ata os 487.

Así, a da Coruña e Cee segue á cabeza en número de casos, con 1.017 --tras un descenso de 11--; seguida da de Vigo, con 487 --con tres máis--; Santiago e Barbanza, con 275 --catro menos--; Ferrol, con 220 --tres menos--; Pontevedra e O Salnés, con 212 --oito menos--; Lugo, con 210 --cinco máis--; e a de Ourense mantense á cola con 162 --con sete máis--.

En canto aos contaxios con calquera tipo de proba que suma o Sergas aos seus datos actualizados, experimentan unha repunta ao pasar a 188, fronte aos 146 detectados a xornada anterior. Dos novos contaxios, 172 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, dos cales 59 corresponden á área da Coruña e Cee; 42 á de Vigo; 13 á de Pontevedra e O Salnés; 10 á de Ferrol; 25 á de Lugo; 10 á de Santiago e Barbanza; e 13 á de Ourense.

En total, os contaxiados desde o inicio da pandemia en Galicia ascenden a 115.471, dos que 27.957 corresponden á área da Coruña e Cee; 21.746, á de Vigo; 18.307, á de Santiago e Barbanza; 14.753, á de Ourense; 12.600 á de Pontevedra e O Salnés; 11.930, á de Lugo; e 8.178, á de Ferrol.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta