Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 19:12
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou o compromiso do Goberno autonómico coa saúde a través do deporte mediante a inauguración da fase deportiva do complexo de Monterrei. Sobre as piscinas do parque acuático, espera que estean finalizadas en 2022.
Núñez Feijoo inaugurou a fase deportiva do complexo ao que se referiu como unha "estrutura de referencia para toda a familia" destacando que o investimento é de 10 millóns de euros cofinanciado entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial ao 50%.
A fase deportiva, que xa está finalizada, consta dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas de pádel cubertas e descubertas, unha pista de atletismo e unha pista específica cuberta para BTT e deportes urbanos.
Na súa intervención, reivindicou o compromiso que está a adquirir a Xunta de Galicia de face ás Olimpíadas de París 2024. Neste sentido, subliñou o apoio aos deportes urbanos pondo de relevo o Marisquiño e "a creación dunha liga galega de breakdance como paso previo á creación da Federación Galega deste baile que será modalidade olímpica para o 2024".
PARQUE ACUÁTICO
Sobre o proxecto de parque acuático no complexo de Monterrei, avanzou que a previsión é que no mes de maio se entregue o proxecto construtivo da segunda fase. Así pois, as obras comezarían durante o mes de setembro, manténdose este ano as mesmas piscinas, pero esperando que para o 2022 as obras estean finalizadas tras a realización das súas tres fases: a piscina familiar, a piscina infantil e os tobogáns de adrenalina.
"Non hai ningún igual entre o sur da Comunidade Autónoma e o norte de Portugal, será un referente na zona", aseverou Núñez Feijóo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.