Soñas con traballar no ensino? Estas son as carreiras con máis futuro para escoller trala ABAU

Para exercer como docente é preciso contra cun máster de profesorado, que actualmente están "saturados" nas universidades galegas. Contámosche que carreiras teñen máis posibilidades de entrar.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

Os meses pasan e, co chegar da primavera, comeza a asomar no horizonte unha xornada inevitable para os estudantes de bacharelato: a selectividade --que agora se chama ABAU--. A oferta educativa das universidades galegas é ampla e ben coñecida; non así eses másteres que lle permitirán a algúns alumnos conseguir ese traballo co que soñan: ser profesor ou profesoras.

Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponte os exames de Selectividade en xullo do ano pasado (Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponte os exames de Selectividade en xullo do ano pasado (Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

A priori, parece que a cousa está difícil. A CIG vén de publicar un extenso estudo que cifra en un de cada catro os graduados galegos que conseguen optar ao máster de profesorado; un trámite cuestionado dende algúns sectores pero que segue a ser obrigatorio para poder exercer na docencia. A problemática, explican dende a CIG, ten que ver cunha “oferta raquítica de prazas” que non dá abasto á ampla demanda dos universitarios galegos: 3.298 solicitudes e só 775 cadeiras. 

Cómpre dicir que non todo está perdido. Por unha banda, e de acordo co sindicato, hai carreiras que non precisan do mestrado --ou máster-- como son as titulacións que permiten exercer en primaria e infantil. En calquera caso, a saída profesional docente preséntase como un bo futuro por mor das moitas xubilacións que están a ter estes anos e que deixarán paso a novas xeracións de opositores.

AS CIENCIAS EXPERIMENTAIS, MÁIS DIFÍCILES

O problema pasa, claro, por contar con ese mestrado docente que a CIG ve insuficiente en oferta. A consecuencia é a de sempre: os alumnos que quedan fóra vense derivados á universidade privada. “Non ten ningún sentido que habendo posibilidades de inserción laboral posterior no ensino público, como se está observando, sexan as universidades galegas as que obstaculicen esas opcións”, valora Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino. 

Segundo datos da CIG, un máster privado pode roldar os 6.000€ fronte os apenas 600 da universidade pública galega. Por iso é importante ter en conta a demanda á hora de escoller unha carreira a cursar. A cousa, en calquera caso, ten vistas de requirir traballo e esforzo, xa que só hai un mestrado de profesorado en toda Galicia no que queden prazas baleiras: o de Orientación da UDC, que conta con 20 cadeiras ás que só concorreron 9 alumnos.

No resto de másteres a saturación é unha constante. Esta problemáticas apréciase especialmente nese indicado para poder ensinar Matemáticas,Tecnoloxía e demais materias das Ciencias experimentais: 980 solicitantes para só 163 espazos. A proporción é tamén difícil en Educación Física, con 151 prazas en demanda para 66 en oferta; proporción que se cumpre nas Lingua galega, castelá, estranxeiras, en Ciencias Sociais e Artes. Cunha excepción: Música, que nas 3 universidades galegas conta só con 21 espazos demandados para os 20 que ofrece. Na web da CIG podes acceder á listaxe desagregada por universidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta