Temas: DVICIO

Primeiro Outono de Artes Sociais na Cova da Terra

Música na inaguración do ciclo no local desta asociación luguesa.

Por GC Tendencias | Lugo | 20/09/2013 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

A ONG luguesa  "A Cova da Terra" rematou avanzada a noite a inauguración do I Outono das Artes Sociais. Máis de 80 persoas se deron cita nun local no que, segundo os organizadores, non cabían máis almas. 

A Cova da Terra de Lugo
A Cova da Terra de Lugo

Na inaguración presentouse unha instalación sonora de Carmen PG Granxeiro coa voz de Alma Sánchez e a participación dun ensamble de clarinete de tres novas promesas da música lucense, que recibiron unha forte ovación final.

A Cova da Terra é unha asociación galega sen ánimo de lucro, de comercio xusto e consumo responsable, que comezou a súa andaina en 1995 abrindo en Lugo a primeira tenda de comercio xusto de Galicia.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta