O PP cre que o "frustado" intento de reforma do Estatuto de Autonomía realzou a súa "utilidade"

O portavoz dos populares na Cámara, Pedro Puy, sinala que se Galicia non ten máis competencias a día de hoxe é debido a "actitudes" do Goberno central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O portavoz do PPdeG, Pedro Puy, cre que os "feitos transcorridos" desde o intento "frustrado" de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia que cumpre este martes 40 anos realzan a súa "utilidade" como instrumento para o desenvolvemento do autogoberno da Comunidade galega.

Díxoo nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia, que este martes acollerá os actos do 40 aniversario do Estatuto, unha data "moi significativa" que "todos os galegos deberían de celebrar", segundo Puy.

O portavoz dos populares na Cámara sinalou que o "camiño" do autogoberno "non foi fácil" pero "entre todos" logrouse durante a transición que Galicia tivese "un estatuto de primeira e desde o primeiro momento".

Un marco de autogoberno que, para Puy, foi "efectivo para o progreso" na Comunidade galega como "demostran" distintos indicadores, froito, di, de que se empregou como un elemento de "unión" a "diferenza" do ocorrido en Cataluña, que constitúe para o popular "o exemplo do que non hai que facer".

En canto á posible reformulación do Estatuto, incidiu en que as reformas "son útiles" se se alcanzan "por consenso", aínda que considera que, no caso de Galicia, repensar o Estatuto "non é tan perentorio ou urxente" como "podía ser" para a Comunidade Valenciana ou Aragón.

"Os feitos transcorridos desde o frustrado intento de reforma demostran que o Estatuto é un instrumento útil", engadiu Puy, que concluíu sentenciado que "se" Galicia non conta con "máis competencias" a día de hoxe "non ten que ver co Estatuto" senón con "actitudes" mantidas desde o Goberno de España.

Pedro Puy. PP
Pedro Puy. PP

LEI DE CAMBIO CLIMÁTICO

Pedro Puy tamén ve razoable que o "centenar" de empresas "afectadas" polos cambios normativos que introduce o proxecto de Lei estatal de Cambio Climático para as concesións asentadas en dominio público marítimo terrestre deixen de realizar "investimentos" nas súas instalacións ante a "incerteza" que introducen os posibles cambios xurídicos.

Así o expresou nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento galego, onde Puy recoñeceu que cre comprensible que empresas como Ence "abandonen" a idea de realizar "investimentos" en Galicia en aras de reorientar a súa "planificación a longo prazo" cara a outras zonas "onde os requisitos fosen menos esixentes" como, por exemplo, Portugal.

Neste sentido, e na liña do expresado desde a Xunta e o PP ao longo das últimas semanas, Pedro Puy advertiu que "se está introducindo" sobre as empresas asentadas no litoral un contexto de "incerteza" que, ao seu xuízo, o Goberno central trata de xustificar pola vía da transición ecolóxica cando "non ten que ver con que se son empresas que contaminan ou non".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta