Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2007 | Actualizada ás 18:18
Non é a primeira vez que isto acontece e, por iso, non é de extrañar que dende a saída da edición galega deste medio a finais do pasado ano, Vicepresidencia non teña aportado publicidade. Tamén hai a orde de que non haxa entrevistas neste xornal aos conselleiros do BNG se non son publicadas en galego, algo que contradice a liña editorial de El País.
En Vicepresidencia están convencidos de que o xornal do Grupo Prisa foi montado por orde do secretario de Organización do PSOE, José Blanco. Por iso, as relacións entre este departamento e o medio non pasan máis alá do puramente institucional.
Onte mesmo, tras as novas aparecidas en El País, diversos cargos orgánicos do BNG recibiron unha mensaxe nos seus teléfonos celulares: "Nota d Anton Losada sobre artigo El Pais. volve Superpiñeiro á TVG. impresentable e ataque á libertad de expresión. Losada retrogado e censor dimisión. PASAO". A pesar de revisar a páxina Web da Vicepresidencia, este medio non foi quen de atopar a noticia á que onte se refería o xornal de Madrid.
Unha situación ben diferente é a do xornal La Voz de Galicia, que mantén, nos últimos meses unha excelente relación con Vicepresidencia, diferente a que mantén co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende a Presidencia do Goberno galego critican que este medio se ten convertido case que nun altofalante do BNG, e, concretamente, de Quintana e de Antón Losada.
A intermediación do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, home moi vinculado ao Grupo Voz, tampouco conseguiu mellorar as relacións entre Touriño e a dirección deste xornal, a pesares de que a súa elección, respondeu no seu día, ao intento da Presidencia de limar as asperezas que existían entre Touriño e o medio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.