Por E.P. | A CORUÑA | 08/04/2021 | Actualizada ás 11:00
O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a alcaldesa herculina, Inés Rey, manterán este venres unha reunión en Santiago para abordar o futuro do porto.
Así o informaron fontes municipais que explicaron que antes do encontro que manterán Ábalos e Feijóo, para tratar asuntos de ámbito galego, haberá unha reunión entre os tres, que foi convocado a última hora do mércores.
A mesma terá lugar con motivo da presenza en Galicia do ministro para asistir este xoves á toma de posesión do novo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. A solución á débeda que ten a Autoridade Portuaria, vinculada á execución do porto exterior; a conexión ferroviaria ao mesmo e o deseño da fachada marítima da cidade, polo traslado a Punta Langosteira de actividades portuarias, serán as cuestións a analizar no encontro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.