Temas: DVICIO

Pesetas para pagar as mellores tapas de Lugo

Xa está en marcha a novena edición do Concurso de Tapas de Lugo, que trae como principais novidades tapas para celíacos e a posibilidade de pagar en pesetas. O gañador da edición anterior foi o coñecido restaurante Paprica.

Por GC Tendencias | Lugo | 25/09/2013 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

Até o vindeiro día 30 de setembro, lucenses e foráneos teñen unha cita coa gastronomía de competición no 9º Concurso de Tapas.

Presentación do concurso de tapas de Lugo
Presentación do concurso de tapas de Lugo

O certame conta nesta edición con 44 establecementos participantes que concorren cunha única tapa, a degustar en horario de 13.00 a 15.30 e de 20.00 a 22.30 horas e cuxo prezo oscila entre un e tres euros.

Una das novidades deste ano é que se aceptan pesetas, é dicir, que o público poderá pagar as súas consumicións tanto en euros coma na vella moeda española. Cabe destacar tamén que por vez primeira tres establecementos compiten con tapas sen glute para celíacos, identificadas como tal nos trípticos do concurso.

O público, ademais de elixir a tapa gañadora, poderá conseguir un gran número de premios entre os que destacan unha viaxe dunha semana para dúas persoas e unha fin de semana nunha cidade europea tamén para dúas persoas, rutas en catamarán, catas en bodegas da Ribeira Sacra, circuítos termais, noites en hoteis e ceas en restaurantes.

Por outra parte, durante os días do concurso desenvolverase unha campaña impulsada pola Apehl e polo Consello Regulador da DO Ribeira Sacra de recollida de fondos para o Banco de Alimentos de Lugo. Para tal fin, haberá urnas nos locais participantes nas que o público poderá depositar a súa doazón.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta