Bruxelas investigará a Endesa pola contaminación do río Eume

As verteduras deixaron sen consumo de auga a Pontedeume varios días en 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admitiu a proposta de Somos Cabanas para que se investigue a contaminación do río Eume por actuacións de Endesa. Nun escrito con data do 9 de abril, ao que tivo acceso Europa Press, a presidenta da Comisión de Peticións, Dolors Monserrat, informa de que se demandou á Comisión Europea que leve a cabo "unha investigación preliminar" sobre o sucedido.

Así mesmo, Dolors Monserrat sinala que as Fragas do Eume foron designadas sitio de importancia comunitaria na Rede Natura 2000. Igualmente, lémbrase que Bruxelas abriu expediente de infracción a España en 2015 pola xestión da Rede Natura.

Así, remarca que "a rexión de Galicia, e as Fragas do Eume en particular, están afectadas por estes procedementos de infracción". Somos Cabanas realizou en 2020 esta petición de investigación á UE por mor da situación turbia do río detectada en outubro dese ano, que obrigou a prohibir o consumo de auga durante varios días en Pontedeume (A Coruña).

SANCIÓN DA XUNTA A ENDESA

A Xunta, a través de Augas de Galicia, informou por entón de que abría expediente sancionador á empresa explotadora do encoro do Eume --Endesa-- pola situación xerada e polas afeccións ao abastecemento. Con todo, non se sabe aínda como quedou eses expediente.

Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA
Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta