Galicia recibe este mércores 8.300 vacinas de Janssen

O Sergas destaca que se administrarán esta mesma semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/04/2021 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou de que esta mesma tarde Galicia recibirá un total de 8.300 vacinas de Janssen, dentro das 150.000 que ten previsto repartir o Ministerio de Sanidade entre as comunidades autónomas, despois de que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) a avaliara.

Unha enfermeira administrando unha vacina.
Unha enfermeira administrando unha vacina. | Fonte: Europa Press.

Na rolda de prensa tras a reunión do comité clínico, explicou que estas doses se aplicarán esta mesma semana nos pacientes que están en domicilio porque é "especialmente adecuada" para os que non poden ir a centros de saúde, os grandes dependentes.

O comité clínico decidiu o martes elevar o nivel medio as restricións en Vigo, a primeira cidade que volve atrás na desescalada, e manter no nivel alto os municipios do Grove (Pontevedra), A Pobra (A Coruña) e Carballeda de Valdeorras e Cualedro (Ourense).

Comesaña dixo que as vacinas que van chegar de Janssen son as que estaban previstas para a semana pasada, antes da súa paralización, e engadiu que en Galicia se administraron até onte máis de 914.000 vacinas en total.

Isto supón que se administraron o 88,7% do total de doses recibidas e coas 38.000 que prevé dispensar hoxe, de Pfizer nos puntos de vaunación masiva, espérase alcanzar o 96 %

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta