A Xunta anuncia que vacinará a máis de 11.000 persoas este sábado

Xa hai un 10% de galegos coas dúas doses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten previsto vacinar este sábado a máis de 11.000 persoas en todas as áreas sanitarias galegas, a maioría coa fórmula de Pfizer, centrada actualmente no grupo de idade entre 70 e 79 anos.

Os datos do último informe do Ministerio de Sanidade --deste venres, con cifras do xoves-- manteñen a porcentaxe de vacinación en Galicia para este grupo no 71,3 por cento o alcance da inmunización, con polo menos unha dose.

Mentres, no colectivo de 60 a 65 anos foi inmunizado con polo menos unha dose o 30,1 por cento, sen que aínda se comezou cos galegos de entre 66 e 69 anos. Ao grupo de idade de 60 a 69 anos adminístraselle Astrazeneca.

En xeral, Galicia alcanzou o 30 por cento de galegos vacinados con polo menos unha dose. Mentres, coa pauta completa xa se supera o 10 por cento, concretamente, un 10,3 por cento. O obxectivo é ter vacinados a finais deste mes a todos os maiores de 80 coa pauta completa. Actualmente xa o fixeron o 66,9 por cento deste grupo dos maiores de 80.

Concretamente, o plan de vacinación do Sergas contempla para este sábado administrar 11.188 dose, das cales 10.938 son de Pfizer, 150 de Janssen --que se empregan en grandes dependentes e persoas maiores de 80 que non poden desprazarse-- e 100 de Moderna.

Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Profesionais sanitarios participan na primeira vacinación masiva levada a cabo no Ifevi, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta