Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2021 | Actualizada ás 16:50
Ciudadanos rexistrou unha petición ante o Parlamento de Galicia para que o Lexislativo autonómico demande ao Estado a elaboración de "unha estratexia de promoción global do español como ferramenta de acción exterior e presenza de España no mundo".
A solicitude foi rexistrada pola coordinadora de Cs Galicia, Beatriz Pino, ante a Mesa da Cámara galega, á que solicitan que se comprometa coa "promoción e defensa da lingua española no mundo".
Ademais, o partido laranxa (que non conta con representación no Pazo do Hórreo) tamén propón que dita estratexia tamén inclúa fomentar as relacións cos países que comparten "lazos históricos, sociais e culturais" para "evitar a expansión dunha nova lenda negra sobre España e fomentar o coñecemento obxectivo dos feitos sobre o seu contexto histórico".
Por último, Cs expón que o Instituto Cervantes e as universidades conten con "as ferramentas e recursos necesarios" para emprender accións con outras entidades de países hispanohablantes para "fomentar a aprendizaxe e coñecemento do español en terceiros países, especialmente en América do Norte e Asia-Pacífico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.