Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2021 | Actualizada ás 10:00
A Delegación do Goberno en Galicia cifrou en 1.258 millóns de euros os apoios transferido pola Administración central á Xunta para facer fronte aos efectos da pandemia no plano económico.
Así o dixo o delegado do Goberno, José Miñones, que, nun comunicado, avanza que "nos próximos días" a Xunta recibirá os 234,5 millóns de euros para axudas directas a autónomos. Esta contía únese, continúa a Delegación do Goberno, aos 734,9 millóns do fondo covid-19 transferidos á Administración autonómica, dos cales 417,8 foron para gasto sanitario, 93 en educación e os 224 restantes en compensación pola caída de ingresos.
Así mesmo, Miñones tamén resaltou que Galicia está habilitada para empregar ata 272 millóns de fondos Feder a gasto sanitario. Trátase, en palabras do delegado, de "unha excepción á regra xeral de gasto que negociou o Goberno de España coa Unión Europea para favorecer ás autonomías".
A todo iso, resalta a Delegación, únense os 17 millóns de euros do Fondo Extraordinario, o que completa os 1.258,4 millóns sinalados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.