Abre o prazo para o curso formativo de guías para o Parque Nacional Illas Atlánticas

Todas as persoas que desexen participar deberán solicitalo a través da ficha de solicitude de participación, que deben remitir por correo electrónico a for.ceneam@oapn.es. Cumprimentarase unha solicitude por persoa e parque.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O prazo de solicitude para participar no curso formativo de guías da rede do Parque Nacional dás Illas Atánticas permanecerá aberto ata o próximo 16 de maio. O curso, no que colaborará a Consellería de Medio Ambiente, terá unha duración de 70 horas e desenvolverase mediante unha plataforma de aprendizaxe en liña. A primeira fase do curso celebrarase entre o 21 de xuño e o 6 de agosto de 2021. Así mesmo, tamén se prevé unha parte práctica, presencial e obrigatoria, de 30 horas, que se celebrará nas Illas Atlánticas, a finais de setembro.

Todas as persoas maiores de idade poden inscribirse e participar neste curso, aínda que terán preferencia aquelas que garden relación coa contorna socioeconómica do parque. O obxectivo principal do proxecto é facilitar capacidades aos participantes para poder exercer adecuadamente as funcións de guías de persoas e/ou grupos nos diferentes Parques Nacionais.

Deste xeito, os futuros alumnos recibirán coñecementos sobre as bases conceptuais e teóricas propias da función de guía na rede de Parques Nacionais e para analizar e comprender os principios teóricos da interpretación e a educación ambiental na función do guía ambiental.

O curso divídese en varias unidades didácticas sobre a lexislación básica dos espazos naturais protexidos e dos parques nacionais; o marco europeo Rede Natura 2000; o uso público, o turismo e as accións de voluntariado nestes espazos; a importancia de fomentar e divulgar a educación ambiental e as claves para saber valorar o patrimonio natural; e, por último, información específica sobre os itinerarios guiados.

Todas as persoas que desexen participar deberán solicitalo a través da ficha de solicitude de participación, que deben remitir por correo electrónico a for.ceneam@oapn.es. Cumprimentarase unha solicitude por persoa e parque.

Parque Nacional das Illas Atlánticas. XUNTA
Parque Nacional das Illas Atlánticas. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta