Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 17/10/2013 | Actualizada ás 13:35
Como decía o oráculo de Delfos: "Coñécete a ti mesmo", comenta este bionutricionista emocional ao longo da charla con Sue Rainbow, o obxetivo en man, tentando captar a esencia enigmática deste profesional no lobby do Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela.
Que te fixo querer ser bionutricionista emocional?
A verdade é que sempre estiven ligado á alimentación, aínda que noutras facetas durante moitos anos. De feito, estudei Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Houbo un momento da miña vida na que tiven una crisis persoal e profesional devastadora. No meu caso, na procura de solución para esta crise, atopei xente que me axudou a traballar os aspectos emocionais. Dinme conta a través do meu traballo persoal da intensa relación entre estas dúas facetas, que nos permite sanar o noso corpo a través da nutrición adecuada e as emocións adecuadas.
Que podemos atopar de beneficio nunha sesión túa sobre bionutrición emocional?
O meu traballo é acompañar á persoa para conseguir o equilibrio emocional, mental e físico e mantélo a través da correcta alimentación para as súas características e a eliminación dos dramas emocionáis que cargan sobre ela.
Que recomendas a xente para estar máis sans emocionalmente?
A recomendación fundamental, para non ter conflictos ou dramas emocionaís ou físicos, é ser totalmente coherente entre o que fago, o que sinto e o que penso. Sinxelo de dicir, complexo de facer. E ás veces temos cargas que dificultan o camiño.
Cóntanos alguna anécdota das túas conferencias.
En case todas as conferencias acábanme preguntando sobre porque cando estamos tristes ou temos penas amorosas rematamos comendo doces, principalmente chocolate. Explícolles a relación que temos entre o doce da leite materna e o amor que nos dá a nosa nai ao darnos o peito e por iso asociamos o doce ao amor. Nestas situacións, como non temos alimento emocional, sustituímolo por alimento físico. O do chocolate, é porque o cacao ten un precursor da dopamina, a hormona da motivación e o humor.
Considéraste una persoa equilibrada?
O equilibrio do que falamos é un equilibrio dinámico, que está sempre en movemento. É como andar en bici, a medida que avanzas tes que estar pendente da verticalidade. Sempre xurden situacións que modifican a postura: o vento, un bache....e hai que correxir a posición para manter o equilibrio. Eu traballo para equilibrarme diariamente, aceptando os meus erros e perdoándome a min mesmo.
Cal é o teu segredo?
O segredo é bastante coñecido dende hai moito tempo e agora comenzamos a lembralo. Pouco a pouco, con esforzo, voume facendo consciente de min mesmo. Como decía o oráculo de Delfos: "Coñécete a ti mesmo".
Como dirías que inflúe a alimentación nas emocións?
A través do sistema dixestivo, cos alimentos que tomamos e a forma en que os tomamos, máis ainda, as emocións coas que nos sentamos a comer, pasan a formar parte de cada una das nosas células, que se constrúen con eses alimentos. O noso sistema emocional almacena todos os estímulos, externos e tamén internos e asóciaos a determinados alimentos e con esas pezas, móntase o puzzle do noso corpo.
Tes previsto sair de España a seguir dando conferencias sobre a bionutrición, cal e o teu límite profesional?
Todo é posible. Non hai máis límites profesionais ou persoais que os que nos poñemos a nós mesmos.
Que tipo de alimentos consideras idóneos para relaxar a musculatura? Inflúe a alimentación? Neste mundo actual que levamos de estrés diario como rutina...
É difícil dar consellos xerais porque as circunstancias que rodean cada dor son diferentes para cada persoa. Si podemos decir que ás dores musculares reflexan un medo inconsciente a chegar a túa meta, unha falta de motivación. É importante saber que músculos son os que sofren a dor. A nivel de nutrición, podemos empregar oligoelementos concretos para equilibrar a función muscular; e aumentar o consumo de pescados, legumes,e cereais integrais.
Hai unha frase que pos no teu muro de FB xunto cunha brincadeira “Nos transformamos en lo que comemos.” Non obstante vemos actualmente que hai xente delgada que come sen pausa e xente obesa que realmente está a dieta. Até que punto dirías que é crucial a alimentación e como afecta ao noso organismo físicamente?
A alimentación equilibrada é crucial para o mantemento do corpo físico, pero tamén temos que ter en conta o corpo emocional e os dramas vividos, consciente ou inconscientemente. Moitisimas veces, o feito de estar moi delgado ou non poder adelgazar débese a dramas emocionais que se deben solucionar para equilibrar o peso. Se hai un conflicto emocional detrás da perda de peso ou do exceso de peso, non importa que dieta sigas. A nutrición do corpo físico ten que ir en consonancia coa nutrición do corpo emocional.
Hai algún alimento para poder quitarnos anos?
En xeral, é importante o consumo de antioxidantes e ácidos grasos poliinsaturados; e un bo aporte de minerais e vitaminas. Pero o máis importante para non envellecer prematuramente é aprender a xestionar equilibradamente as nosas emocións. E esto non quere decir controlalas ou limitalas, se non sentilas e aprender a transformalas constructivamente.
Até que punto o azucre é malo para o organismo como din?
O azucre refinado decimos que é a principal causa nutricional de tristeza e depresión. Cando tomamos azucre de metabolización rápida, prodúcese un aumento rápido do nivel de azucre en sangue; e o corpo pon a traballar o metabolismo para procesalo. Tanto que se produce unha baixada rápida do nivel, moi por debaixo do nivel normal, o que fai que o corpo entre nun estado hipoglucémico, moi negativo para o cerebro, que é o principal consumidor de glucosa, e para todos os sistemas metabólicos.
FB - https://www.facebook.com/pages/Bionutrición-emocional
Foto por http://www.suerainbow.com/
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.