Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 20:00
O persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar afronta este martes a súa sexta xornada de folga, de 24 horas, como unha "nova demostración de forza", segundo reivindica a CNT.
A participación calcula que foi en torno ao 50% dos traballadores "en fraude de lei" e afirma que secundaron o paro de forma "importante" en case a totalidade dos centros de traballo. Destaca, así mesmo, que o seguimento da protesta "non se estanca co paso das xornadas" e que as traballadoras "están a dar unha lección de dignidade na loita polo seu posto de traballo".
A central anuncia ademais mobilizacións descentralizadas para o martes 25, coincidindo co seguinte día de folga, e faino despois da recente sentenza que declara fixa a unha traballadora dunha escola infantil. Este fallo, segundo advirte, reforza as súas críticas á xerencia do consorcio "por non negociar".
DECLARADA FIXA POLA XUSTIZA
En concreto, o xulgado do social número 2 de Santiago declarou "fixa" a unha traballadora dunha escola infantil do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar que fora contratada en 2008 cun contrato de obra ou servizo determinado para o curso 2008/2009, pero que leva ocupando este posto desde hai 13 anos.
Así, os tribunais volveron a fallar a favor dunha traballadora, como lembra CNT, o sindicato que levou estes casos á xustiza e que promove a folga indefinida, cada martes alterno, entre as traballadoras deste ente dependente de Política Social.
A Xunta vén de convocar un proceso selectivo para o consorcio, pero as traballadoras advirten da situación na que quedan, que pode suporlles a perda do seu posto de traballo despois de varios anos na mencionada situación de temporalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.