Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/11/2024 | Actualizada ás 20:17
Abanca anunciou e executou este mércores unha emisión de capital regulatorio por importe de 500 millóns de euros en obrigacións subordinadas computables como capital de nivel 2 ao 4,625%.
Os intereses serán pagaderos por períodos de intereses vencidos, o 11 de decembro de cada ano, empezando en 2025. Os ratings esperados son 'BB' (Fitch) e 'Ba1' (Moody's), segundo explicou a entidade bancaria á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
A emisión anunciouse á primeira hora deste mércores nun mercado que atravesa os últimos compases do ano para operacións deste tipo, e dirixiuse exclusivamente a clientes profesionais e contrapartes elegibles. No entanto, a demanda presentouse sólida e o libro creceu rapidamente ata superar 4 veces o importe ofrecido.
Finalmente, pechouse con máis de 150 ordes individuais. Abanca ha afirmdado que esta operación reflicte "a calidade do nome" da entidade no mercado de crédito.
A operación refinanciará a emisión similar (Tier 2) de outubro de 2019, que incorpora a posibilidade de amortización anticipada en abril de 2025. Para facilitar aos tenedores desta última emisión a subscrición dos novos bonos, Abanca ofreceulles a posibilidade de recomprar a súa posición.
Ambas as operacións, emisión e recompra, liquidaranse o próximo día 11 de decembro, suxeitas á firma do contrato de subscrición e o cumprimento das condicións establecidas para ese efecto no mesmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.