Temas: DVICIO

Un libro para cociñar os cogomelos de Galicia

A editorial coruñesa Baía publica o volume "Cogomelos. A cociña do bosque", da autora Mariona Quadrado e con fotografías de Josep Borrell e a colaboración dun dos maiores expertos en micoloxías do país.

Por GC Tendencias | A Coruña | 30/10/2013 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Un abano de sabores e aromas de bosques outonais e prados de primavera. No novo libro btoparemos desde pastas, arroces, ensaladas, cocas, pasteis salgados até ovos, carne  e mesmo peixes e mariscos. Como todas as propostas de Mariona Quadrado que xa hai no mercado, receitas fáciles de facermos na casa, con base clásica e toques de actualidade.

Libro Cogomelos, a Cociña do Bosque
Libro Cogomelos, a Cociña do Bosque

O libro foi prologado polo escritor e presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas, quen aproveita para facer, desde a súa particular vivencia, un percorrido histórico da micoloxía e da situación actual en Galicia, así como unha serie de propostas de aproveitamento gastronómico dos cogomelos dos nosos bosques e prados.

O volume pode mercarse por só 15,29 euros na web da editorial coruñesa.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta