Galicia perde cada ano entre un 30 e un 40% de colonias de abellas

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Abella, a Asociacón Galega de Apicultura recorda a importancia de loitar contra os pesticidas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O 20 de maio é, dende o 2017, o Día Mundial das Abellas, instaurado no 2017 pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). O día coincide co aniversario do nacemento de Anton Jansan, un pioneiro apicultor esloveno do século XVIII. 

Abella
Abella | Fonte: pxhere.com

Segundo a Asociación Galega de Apicultura (AGA), en Galicia prodúcense perdas anuais do 30-40% de colonias de abellas, o que perxudica a biodiversidade e sustentabilidade da alimentación humana global. As abellas son un dos principais polonizadores e un indicador biolóxico da saúde ambietal. Dende a asociación apuntan que o panorama actual é pésimo, polo que cómpre "reflexionar sobre el, pois se non hai saúde para as abellas, tampouco haberá saúde e benestar para a especiae humana".

Unha das causas das perdas de colonias é o uso de praguididas e pesticidas, ao que se lle suman outros factores como o cambio climático, a agricultura intensiva, os incendios forestais ou a presenza da Vespa Velutina. Porén, outros polinizadores como as bolboretas ou os abellóns tamén ven peligrar os seus hábitats. 

Dende a Asociación Galega de Apicultura sinalan que en Europa, España é un dos principais consumidores de produtos fitosanitarios, como os pesticidas, o que incrementa o risco de desaparición de colonias de abellas. Aínda así, a conciencia social sobre a improtancia destas polinizadoras é cada vez maior e recentemente o Tribunal Europeo de Xustiza vetou o uso de tres insecticidas perxudiciais para as abellas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta