Os colexios galegos repuntan ata as 31 aulas pechadas, con dous centros clausurados

O Sergas informa de 578 casos activos, un menos que na notificación anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia reducíronse lixeiramente a 578, que supoñen un menos que na primeira xornada lectiva tras a ponte das Letras Galegas, mentres que as aulas pechadas aumentaron a 31 --tres máis--. E a Comunidade galega conta con dúas escolas infantís pechadas pola incidencia deste coronavirus.

Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Educación e Sanidade, seguen pechadas pola influencia da Covid a escola infantil Santa Susana de Santiago --por tres contagios-- e a EIM A Cañiza por un positivo. Por áreas sanitarias, as infeccións activas redúcense nas de Pontevedra (-11), A Coruña (-10), Ourense (-4) e Santiago (-2), mentres que aumentan nas de Ferrol (+1), Lugo (+6) e Vigo (+19).

Deste xeito, a área de Vigo segue á cabeza con 203 casos de coronavirus activos --19 máis-- e 20 aulas pechadas --catro máis--. O centro con máis contagios é o IES de Mos con 18 positivos --10 máis--, mentres que a escola infantil Santa Isabel da cidade olívica segue con nove contagios e dúas aulas pechadas. A área viguesa conta, así mesmo, cun centro pechado pola incidencia da Covid-19: a escola infantil EIM A Cañiza debido a un positivo.

Séguelle a área da Coruña, con 144 casos activos, dez menos que a xornada anterior, e catro clases pechadas --sen cambios--, unha delas no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal de Oleiros por 24 positivos --dous menos--, o maior número de Galicia. Pola súa banda, o CPR plurilingüe Hijas de Jesús concentra 17 contagios --dúas menos--.

Mentres, a área de Pontevedra concentra 72 contaxios --11 menos-- e dúas aulas pechadas --sen cambios--. O centro con máis positivos é a escola infantil Bamby con catro e unha aula pechada. Pola súa banda, a área de Santiago reduce a 71 os casos activos --dous menos-- e segue con dúas aulas inoperativas, ademais de ter un centro clausurado ao completo, a escola infantil Santa Susana, que se pechou tras confirmarse o positivo dunha traballadora de apoio, no que hai tres contagios.

En canto á área de Lugo, suma seis positivos máis, polo que rexistra 42 infeccións activas, pero xa non ten clases inoperativas tras contar cunha a xornada anterior. O IES A Pinguela de Monforte destaca con máis contagios, cun total de seis.

MENOS CASOS

As áreas con menos casos son as de Ourense e Ferrol. No caso da primeira redúcense a 32 as infeccións activas --catro menos-- e segue unha aula pechada pola incidencia deste coronavirus. Pola súa banda, a de Ferrol rexistra 14 positivos --un máis que a xornada anterior-- distribuídos en nove centros e continúa con dúas clases inoperativas.

O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
O colexio público CEIP Paradai, en Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta