Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 17:24
A aerolínea pertencente a IAG Vueling anunciou este xoves que pon á venda dúas novas rutas desde Santiago de Compostela para conectar a capital galega con Bilbao e Londres-Gatwick este verán. Segundo informou a compañía, esta nova ruta a Bilbao estrearase o próximo 16 de xullo e contará con dúas frecuencias semanais, os luns e venres.
Pola súa banda, a nova conexión entre a capital galega e o aeroporto de Londres-Gatwick empezará o 23 de xullo, con voos todos os luns, mércores, venres e domingos.
Co anuncio destas dúas novas conexións, a aerolínea ofrecerá 17 rutas desde o aeroporto compostelán Rosalía de Castro durante a tempada estival deste ano.
Doce delas corresponden a destinos domésticos (Barcelona, Tenerife, Mallorca, Malaga, Forteventura, Lanzarote, Eivissa, Menorca, Sevilla, Valencia, Gran Canaria e Bilbao) e cinco a destinos internacionais (Londres-Gatwick, Ámsterdam, París, Zúric e Bruxelas).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.